Hiodóntidos

Os Hiodóntidos (Hiodontidae) son a única familia da orde Hiodontiformes, peixes teleósteos pertencentes á superorden Osteoglosomorfos (Osteoglossomorpha). Contan unicamente con dúas especies vivas e numerosas fósiles. Son peixes de augas doces distribuídos nos ríos de Norteamérica.
Características[editar | editar a fonte]
Alcanzan unha lonxitude máxima de 50 cm. Teñen unha aleta anal moderadamente longa, cuns 20 radios, e separada da aleta caudal, bifurcada.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Divídense en catro xéneros, tres deles extinguidos:
- Xénero Eohiodon (extinto)
- Xénero Hiodon
- Hiodon alosoides (Rafinesque, 1819)
- Hiodon tergisus (Lesueur, 1818)
- Xénero Plesiolycoptera (extinto)
- Xénero Yanbiania (extinto)
FishBase non dá ós Hiodontiformes categoría de orde senón que coloca a familia Hiodontidae dentro da orde Osteoglossiformes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hiodóntidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hiodóntidos |