Hinrich Gerken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hinrich Gerken
Nacemento20 de febreiro de 1931
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Hinrich Gerken, nado o 20 de febreiro de 1931 no concello de Verden, é un escritor alemán en baixo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na pequena localidade rural de Walle, máis tarde estudou maxisterio en Lüneburg, exercendo como mestre de escola en Harsefeld entre 1959 e 1993. Membro do "Plattdüütschen Schrieverkring“ (asociación de escritores en baixo alemán) da Männer vom Morgenstern, pertenceu ao comité de redacción da revista Heimat und Kultur zwischen Elbe und Weser dedicada á cultura rexional e publicada pola Landschaftsverband Stade, así como colaborador en diversas publicacións e programas de radio en baixo alemán. Interesado na preservación da lingua entre os máis novos, colaborou no libro de texto Ik bün al hier!. Plattdüütsch Leesbook för School un Huus ut dat Land twüschen Elv un Weser (1996) e traduciu libros infantís como As de Melk suer wöör de Jonas Kötz (2007).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Twüschen Veern un Harsfeld, 1982
  • Wenn nix dortwüschen kummt, 1983
  • Platt, - wat schall dat?, 1984
  • Geschichten ut´n Bökenkarnp, 1986
  • Een Jung ut Harsfeld, 1988
  • Geschichten un Döntjes aus dem Heimatland (editado con A. P. Krönke), 1989
  • Harsfelder Platt, 1990
  • ..Duppelte Heimat, 1992
  • Fründschaft un Dankborkeit, 1994
  • Alle negen, 1996
  • Nix bi dacht, 1998
  • Dor is noch wat! Geschichten in Platt to´n Besinnen un Högen, 2005