Enrique Fernández Maneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Fernández Maneiro
Nacemento1905
Lugar de nacementoO Carril
Falecemento1 de febreiro de 1988
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Enrique Fernández Maneiro, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1905 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1988,[1] foi un sindicalista anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mecánico fresador. Participou na constitución do Ateneo Sindicalista Libertario en Vigo en maio de 1931 e despois presidiu o Centro de Estudios Sociales da FLSU. Deuse a coñecer como sindicalista nas folgas do metal vigués dos anos 1932-1933. Organizou o Sindicato Metalúrxico afecto á CNT e incorporou á afiliación uxetista. En 1934 puxo en marcha o "Sindicato Minero y Profesiones Varias" nas minas de San Fins (Lousame) con Claro José Sendón e Ramón Rodríguez Varela (Curuxás). O 6 de xaneiro de 1936 foi elixido secretario xeral do comité da Confederación Regional Galaica. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nos montes do Confurco. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.[2] En 1940 presentouse ás autoridades despois de desbotar a posibilidade de incorporarse á guerrilla de Curuxás. En 1942 colaborou coa rede de espionaxe a prol dos Aliados artellada no Consulado británico de Vigo. Mantivo vencellos coa CNT clandestina en Vigo axudando a trasladar a José Luís Quintas ás minas de San Fins en 1946. Nos últimos anos presidiu a Asociación de Jubilados do Barrio das Flores na Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-2-1988, p. 57.
  2. El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]