Hiawatha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Xefe tribal | |
valor descoñecido – | |
Actividade | |
Ocupación | político, orador |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Hiawatha Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Encyclopædia Britannica |
Hiawatha (Haiëñ'wa'tha),[1] tamén coñecido como Ayenwathaaa ou Aiionwatha, foi un líder indíxena e cofundador da Confederación Iroquesa. Era un dirixente do pobo onondaga, ou do pobo mohawk, ou de ambos. Segundo algunhas teorías, naceu entre os onondaga mais foi adoptado polos mohawk.
A Confederación Iroquesa
[editar | editar a fonte]Dentro da Confederación Iroquesa, que contaba orixinalmente con cinco tribos (mohawk, onondaga, oneida, cayuga e seneca), Hiawatha foi o líder da tribo mohawk. Alí era moi coñecido por todas as tribos. Era un grande orador, e eventualmente converteríase no representante do Gran Pacificador. O Gran Pacificador era un home que esperaba estender a paz por todo o Territorio Haudenosaunee (Iroqués). Debido ao feito de que tiña un grave impedimento para a fala, o Gran Pacificador necesitaba un voceiro. Hiawatha estaba disposto a falar en nome de Dekanawidah porque a violencia se desenvolvía en todo o territorio iroqués. Durante estes tempos de caos, un líder chamado Tadodaho, que desprezaba a idea da paz, matou a muller e ás fillas de Hiawatha. Despois, Hiawatha converteuse no orador do Pacificador, para que puidese deter a violencia. Dewanawidah e Hiawatha finalmente conseguiron a paz en todos os iroqueses prometendo a Tadodaho que Onondaga se convertería na capital do Gran Consello, o principal órgano de goberno dos iroqueses. Hiawatha e Dekanawidah crearon a Gran Lei da Paz, rexistrada nos cintos wampum, para solidificar o vínculo entre as cinco nacións orixinais dos iroqueses.
Entre os nomes dos cincuenta Hoyenah (sachems) tradicionais dos Haudenosaunee, Hiawatha (entre outros) é un representante dos Mohawk, e Tadodaho dos Onondaga.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bright, William (2004). Native American Place Names of the United States. Norman: University of Oklahoma Press. p. 166. ISBN 0-8061-3576-X.
- ↑ Morgan transcríbeos como Hä-yo-went′-ha e To-do-dă-ho.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bonvillain, Nancy (2005). Hiawatha: founder of the Iroquois Confederacy. ISBN 1-59155-176-5 ISBN 9781591551768
- Hale, Horatio (1881). Hiawatha and the Iroquois confederation: a study in anthropology.
- Hatzan, A. Leon (1925). The true story of Hiawatha, and history of the Six Nations Indians.
- Schoolcraft, Henry Rowe (1856). The Myth of Hiawatha, and Other Oral Legends, Mythologic and Allegoric, of the North American Indians.
- Laing, Mary E. (1920). The hero of the longhouse.
- Saraydarian, Torkom and Joann L Alesch (1984). Hiawatha and the great peace. ISBN 0-911794-25-5 ISBN 9780911794250 ISBN 0-911794-28-X ISBN 9780911794281
- Siles, William H. (1986). Studies in local history: tall tales, folklore and legend of upstate New York.