Saltar ao contido

Hetzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hetzer
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Impulsado por
Implicados
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
1944 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1945 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Conflito
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   2.827 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   2,17 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,63 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   6,38 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   15,75 t Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
   42 km/h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01ywyy Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Jagdpanzer 38(t) (Sd.Kfz. 138/2), posteriormente coñecido como Hetzer (barulleiro), foi un cazacarros alemán da segunda guerra mundial baseado no chasis modificado dun Panzer 38(t) checoslovaco. O proxecto inspirouse no cazacarros romanés Mareşal.

O nome Hetzer non era usado comunmente na época para este vehículo. Esa era a designación dun prototipo relacionado, o E-10. A fábrica Škoda confundiu os nomes por un breve período de tempo na súa documentación e a primeira unidade equipada co vehículo aplicou así o nome incorrecto ata que o problema foi solucionado. Porén, existe un memorando de Heinz Guderian a Hitler alegando que un nome extraoficial, Hetzer, fora espontaneamente cuñado polas tropas.