Hernando Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hernando Ojea
Nacemento1543
 Ourense
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Hernando Ojea, nado en Ourense en 1543 e finado en 1615, foi un relixioso galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1566 ingresou na orde dos Predicadores no convento de San Domingos de México, e dedicouse aos estudos relixiosos. Foi requirido polo Santo Oficio para facer fronte a un foco de propaganda xudaica en Cidade de México, para o cal escribiu a obra La venida de Cristo y su vida y milagros en que se concuerdan los dos testamentos divinos, Viejo y Nuevo, que apareceu publicada en Medina del Campo en 1602.

Regresou a Europa en 1601, e documentouse para preparar unha Historia de Galicia coa axuda de Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. En 1603 volveu a América, e deixoulle a Pedro Fernández de Castro y Andrade, Conde de Lemos, a Descrición do Reino de Galicia, lista para imprimir. Preparou o primeiro mapa de Galicia, que apareceu impreso en Antuerpen en 1604, incluído no Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius.

Regresou a España en 1614, e nese ano publicou Historia del glorioso apostol Santiago, patrón de España, de su venida a ella, y de las grandezas de su Iglesia y orden militar. O Libro de la nobleza en común foi publicado despois da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cabano Vázquez, I. (1998): "Frei Hernando Ojea (1543-1615). Un libro sobre Santiago escrito en Nova España por un galego", en Estudios Migratorios n.º 5.