Atol Hereheretue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hereheretue»)
Hereheretue
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 58 hab.
Superficie 4 km²
Superficie lagoa 23 km²
Nº de illas 40
Coordenadas 19°52′S 144°58′O / -19.867, -144.967
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Hereheretue é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado ao suroeste do arquipélago, a 450 km de Hao. As súas coordenadas son 19°52′S 144°58′O / -19.867, -144.967

É un atol pequeno e afastado. As terras máis próximas son as illas do Duque de Gloucester, a 150 km, e algunha vez inclúeselle neste grupo. A superficie total é de 4 km², pechando completamente a lagoa interior. A poboación total era de 50 habitantes no censo de 1996. Ademais dispón dunha estación meteorolóxica.