Atol Hao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hao»)

Coordenadas: 18°03′38″S 140°59′15″O / -18.06056, -140.98750

Hao
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 1.342 hab.
Superficie 47 km²
Superficie lagoa 720 km²
Nº de illas
Coordenadas 18°3′38″S 140°59′15″O / -18.06056, -140.98750
Maior Altura 3 m.
Localización
Localización do atol

Hao é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 920 km ao leste de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol de forma alargada, de 50 km de longo e 14 km de ancho. A superficie total é de 47 km², e a altitude máxima é de 3 m. A lagoa é unha das máis grandes da Polinesia Francesa, con 720 km², que só se abre ao océano por un único paso onde se producen fortes correntes.

O clima é marítimo, onde unha temperatura que oscila entre 23 e 32 °C ao longo do ano. A ausencia de relevo fai que os ventos alisios afasten as nubes e, polo tanto, as precipitacións son relativamente moderadas.

A vila principal é Otepa, e a poboación, cun forte incremento demográfico (de 194 habitantes en 1962 a 1.582 habitantes no censo do 1996) desde que se estableceu a base do Centro de Experimentación do Pacífico (CEP) para as probas nucleares. As infraestruturas construídas nos últimos anos son importantes: un aeroporto cunha pista de 3.380 m, un porto de carga, unha estrada de 15 km, desalinizadoras, xeradores eléctricos e un hospital militar.

Como curiosidade, dispón dun campo de golf cun dos percorridos máis duros do mundo. A saída atópase nun illote e a chegada noutro. Unha barca co fondo de cristal axuda aos xogadores a atopar as pelotas perdidas. O par do percorrido de 18 buracos, é de 312.

Historia[editar | editar a fonte]

Hao foi descuberto no 1606 por Pedro Fernández de Quirós, que o chamou A Conversión de San Pablo. Pola súa forma alargada Louis Antoine de Bougainville chamouna o Arpa (A Harpe) e James Cook, o Arco (Bow Island).

En Hao estableceuse a base avanzada do Centro de Experimentación do Pacífico (CEP) para os ensaios nucleares. Entre 1963 e 1965 construíronse grandes infraestruturas que servían de ponte aérea e marítimo para desembarcar material nos atois de Mururoa e Fangataufa. En xuño de 2000 retiráronse as forzas armadas do atol. As infraestruturas pasaron ao goberno territorial que pretende aproveitalas para desenvolver o turismo ante a incerteza do futuro económico do atol.

Lagoa de Hao, Otepa a principal cidade ó fondo
Lagoa de Hao, Otepa a principal cidade ó fondo