Hereheretue é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado ao suroeste do arquipélago, a 450km de Hao.
É un atol pequeno e afastado. As terras máis próximas son as illas do Duque de Gloucester, a 150km, e algunha vez inclúeselle neste grupo. A superficie total é de 4km², pechando completamente a lagoa interior. A poboación total era de 50 habitantes no censo de 1996. Ademais dispón dunha estación meteorolóxica.