Herbert Basedow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Herbert Basedow
Herbert Basedow.jpg
Nacemento27 de outubro de 1881
 Kent Town
Falecemento4 de xuño de 1933
 Kent Town
Causatrombose venosa
SoterradoNorth Road Cemetery
NacionalidadeAustralia
Alma máterPrince Alfred College, Universidade de Adelaide e Universidade de Wrocław
Ocupaciónexplorador, antropólogo, político, xeólogo, médico e funcionario
PaiMartin Basedow
editar datos en Wikidata ]

Herbert Basedow, nado o 27 de outubro de 1881, e finado o 4 de xuño de 1933, foi un antropólogo, xeólogo, político, explorador e médico australiano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Basedow naceu en Kent Town, Australia Meridional. Educouse en Adelaide e en Hannover, Alemaña. Despois de rematar a escola, Basedow estudou ciencia na Universidade de Adelaide onde se especializou en xeoloxía. Basedow completou posteriormente os seus estudos de posgrao en numerosas universidades de Europa e traballou como médico en diferentes sitios.

Durante a súa vida, Basedow participou en expedicións xeolóxicas, exploratorias e médicas en Australia Central e o norte do país. Nesas expedicións, tomou fotografías e recolleu espécimes naturais e artefactos aborixes australianos.

Basedow foi unha das poucas persoas en recoller e estudar a vida tradicional dos aborixes.[2] Tamén participou no activismo para mellorar o trato ós aborixes e fixo campaña para mellorar a saúde aborixe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harmstorf, Ian. "Basedow, Herbert (1881 - 1933), Australian Dictionary of Biography Online Edition". Adbonline.anu.edu.au. Consultado o 25 de decembro de 2012. 
  2. Kaus, David. A Different Time: The Expedition Photographs of Herbert Basedow 1903-1928, National Museum of Australia Press, Canberra, 2008. Extract: Basedow the man.