Enrique Egas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Henrique Egas»)
Infotaula de personaEnrique Egas
Biografía
Nacemento1455 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Toledo Editar o valor em Wikidata
Morte1534 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , arquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Entrada á Capela Real de Granada.

Enrique Egas, nado en Toledo cara a 1455 e finado en 1534, foi un arquitecto e escultor español. Membro da familia Egas, fillo de Egas Cueman que o iniciou na profesión nun momento da historia de España de grande actividade construtiva civil e relixiosa.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1495 atópase traballando para a Catedral de Santa María de Toledo, onde seu pai era mestre de obras, onde adquiriu sona e prestixio e cuxas técnicas difundirá por toda Castela, Andalucía e Galiza. Na catedral toledana realiza a reforma da Capela Mozárabe en 1519. Foi tamén mestre construtor no Hospital da Santa Cruz e interveu en San Juan de los Reyes na mesma cidade.

Ampliou o seu traballo na Catedral Nova de Plasencia, e en 1505, anos despois da toma de Granada, encárganlle a dirección da Capela Real de Granada e, en 1521, das trazas da mesma catedral (ver ambas en Catedral de Granada), e antes, en 1511, o Hospital Real desa cidade. Porén a catedral sería edificada, noutro estilo, por Diego de Siloé.

Interveu ademais noutras construcións como a Catedral de Málaga e a librería da Universidade de Salamanca.

Egas en Compostela[editar | editar a fonte]

Hospital Real, Santiago.

Antes da acabar o século XVI, en 1499 Enrique Egas está en Santiago, na Galiza, onde realiza as trazas do Hospital Real, xunto co seu irmán Antón. As obras comezaron xa no XVI, e aínda que Egas as controla, o encargado in situ de levalas a ramo e o aparellador Juan de Lemos. O plano básico era similar ao que logo empregaría no Hospital da Santa Cruz de Toledo e no Hospital Real de Granada, que se inspiran no tratadista italiano Antonio Averlino, Il Filarete (1400 - ca. 1469). Porén a portada é obra de Martín de Blas e Guillén Colás, franceses de orixe, que traballan nela desde 1520. Nos patios dianteiros, os únicos debidos a Egas, os escultóricos chafarices foron deseñados polo mestre e executados por Xácome García en 1510.

En 1678, o arquitecto monxe, frei Tomás Alonso, alterou o conxunto da fachada ao colocar nela unha balconada e fiestras. No século XVIII, frei Manuel de los Mártires, realiza os patios posteriores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Azcárate, José María, El Hospital Real de Santiago. La obra y los artistas, in Compostellanum, vol. X, nº 4, Santiago. 1965.
  • Chamoso Lamas, M.:, Santiago de Compostela. A Coruña. 1980