Saltar ao contido

Catedral de Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Málaga
Málaga Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Nome orixinal
Iglesia Catedral de la Encarnación (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Arquitecto/a
 Dedicado a
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
1528 Editar o valor en Wikidata
Historia
13 de marzo de 1855De titulo Basilicae Minoris Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000728
Códigos e identificadores
VIAF131450110 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09gm5lb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX86900
Wikidata C:Commons
Catedral de Málaga.

A Catedral da Encarnación de Málaga é unha das xoias renacentistas máis valiosas de España. Está dentro dos límites que marcaba a desaparecida muralla árabe, formando un gran conxunto arquitectónico xunto coa inmediata Alcazaba e mais o Castelo de Gibralfaro. Foi construída entre 1528 e 1782, seguindo trazas de Diego de Siloé.

Características

[editar | editar a fonte]

O interior é de estilo barroco. A basílica, de planta rectangular, está composta por tres naves, sendo a central de maior anchura que as laterais, mais son todas iguais en altura. O cadeirado do coro, obra de Pedro de Mena, é unha vistosa obra de arte.

A fachada, polo contrario, é de estilo renacentista e está dividida en dúas alturas. Na de abaixo hai tres arcos e dentro destes, portas separadas por columnas de mármore. Sobre as portas hai uns medallóns. Os das portas laterais representan os padroeiros de Málaga, San Ciriaco e Santa Paula, meentras o central representa unha escena bíblica.

A torre norte érguese até os 84 metros de altura, sendo a segunda catedral máis alta de Andalucía, só superada pola de Sevilla. A torre sur está sen rematar, porque o diñeiro se utilizara para axudar en América; de aí o sobrenome da Catedral: "La Manquita". Actualmente isto é motivo de polémica, xa que hai quen opina que debe ser terminada tal e como se proxectaba nos planos orixinais, mentres outros opinan que debe deixarse como está.