Saltar ao contido

Heinz Jürgen Wolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeinz Jürgen Wolf
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1186293 Dialnet: 98362

Heinz Jürgen Wolf, nado en Düsseldorf o 16 de xaneiro de 1936 e finado en Bonn o 26 de marzo de 2016, foi un lingüista alemán.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou romanística, anglística e filosofía nas universidades de Colonia e de Aix-en-Provence, graduouse en francés e inglés en 1962. Concluíu un doutoramento na universidade de Colonia cun traballo sobre os números étnicos franceses, Die bildung der französischen Ethnica (1967). Conseguiu a libre docencia en 1970, foi profesor de Lingüística románica na universidade de Bonn desde 1974. Escribiu diversos traballos sobre as linguas romances, sobre todo sobre o italiano e o francés e, desde 1983, sobre o sardo; en particular ocupouse fonética histórica, formación das palabras, dialectoloxía e toponomástica. Entre as súas publicacións son dignas de mención as Glosas Emilianenses (1991), unha monografía sobre os trazos lingüísticos destas, e Französische Sprachgeschichte (1979), unha historia da lingua francesa.

  • Die Bildung der französischen Ethnica, Xenebra / París, 1967.
  • Französische Sprachgeschichte, Heidelberg, 1979.
  • Glosas Emilianenses, Hamburgo, 1991.
  • Studi barbaricini, Casteddu, 1992.
  • Toponomàstica barbaricina, Nugoro, 1998.
  1. "Nachruf auf Prof. Dr. Heinz Jürgen Wolf (1936 – 2016)". www.romanistik.de (en alemán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. Diegu Corràine (29 de marzo de 2016). "Heinz Jürgen Wolf nos nch'at lassadu". Limbas&Natziones de su Tempus Nostru (en sardo). Consultado o 25 de xuño de 2019. [Ligazón morta]
  3. "Cunferèntzia in Ovodda pro regordare a su linguista tedescu Heinz Jürgen Wolf" (en sardo). 08 de xuño de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019.