Heinrich Schmid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Heinrich Schmid
Nacemento6 de abril de 1921
 Zúric
Falecemento23 de febreiro de 1999
 Zúric
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Zúric
Ocupaciónlingüista e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Heinrich Schmid, nado o 6 abril de 1921 e finado o 23 de febreiro de 1999, foi un lingüista suízo, "pai" das linguas reto-románicas: Rumantsch Grischun e Ladin Dolomitan, usadas como linguas escritas comúns para distintas dialectos nun continuo dialectal (en alemán: "Dachsprachen").

Distribución xeográfica das linguas dos Grisóns, coas zonas en que se fala o romanche en violeta, o alemán en cor laranxa e o italiano en azul. As zonas indicadas con liñas oblicuas son as que teñen unha lingua maioritaria flutuante, minorías lingüísticas tradicionalmente fortes (máis do 30%) ou que son oficialmente bilingües.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Territorio lingüístico reto-románico en Suíza (cinza)

Heinrich Schmid viviu durante súa vida enteira na mesma casa de Zúric na cal nacera. A pesar de nacer cun defecto de oído, descubriu un amor precoz polas linguas e aprendeu como meniño /cativo moitos idiomas comezando co grego e o latino e as linguas románicas: francés, italiano, español e as distintas variedades do romanche.

Terminado o ensino medio, estudou Lingüística románica na Universidade de Zúric. Graduouse "summa cum laude" en 1946"[1]. O tema central de seus estudos foron a Historia das Linguas e a Xeografía das Linguas.

Despois dunha estadía en Florencia, en Italia, regresou a Suíza, mais tivo grandes dificultades en encontrar un traballo apropiado debido ao seu xa mencionado defecto de oído. Finalmente encontrou un emprego no proxecto lexicográfico Rhätisches Namenbuch (Léxico rético de Onomástica) e contribuíu durante 15 anos a outro proxecto, o "Dicziunari Rumantsch Grischun ("Dicionario de Romanche dos Grisões").

En 1962, conseguiu a cualificación académica necesaria para traballar como profesor na Universidade de Zúric, sendo nomeado pouco despois profesor anexo e tres anos máis tarde profesor asociado. Súa carreira académica posterior foi notábel, aínda que sen conseguir grandes recoñecementos.

Rumantsch Grischun[editar | editar a fonte]

As cinco variedades do ladino en Italia

Pouco denantes de apousentarse, en 1983, a Lía Rumantscha (Liga Romanche) [1] confioulle a tarefa de crear unha lingua escrita común para as cinco variedades principais da lingua romanche. En abril de 1982, despois de só seis meses de traballo intenso, Schmid presentou as súas propostas de regras para a lingua escrita común. Seguiron moitas discusións vivaces e viaxes intensas dentro do territorio lingüístico reto-románico, onde el promovía incansabelmente a súa creación e puido superar moitas reservas. Como consecuencia de todo iso, o "Rumantsch Grischun" conseguiu un recoñecemento público moi maior que denantes en Suíza (o Romanche é lingua nacional desde o 1938, mais bastante platonicamente) e se notou unha nova vitalidade en todo o territorio lingüístico reto-románico, que inclúe tamén o ladino en Italia.

Ladin Dolomitan[editar | editar a fonte]

Así, en 1988, representantes do pobo ladino das Dolomitas en Italia confiaron a Heinrich Schmid a tarefa de crear unha lingua escrita común tamén para o ladino. Schmid aceptou este desafío e escribiu a obra con título Wegleitung für den Aufbau einer gemeinsamen Schriftsprache der Dolomitenladiner (Directrices para o Desenvolvemento dunha Lingua Escrita Común para os Ladinos das Dolomitas). [2] Desafortunadamente, Schmid non tivo a sorte de ver publicar en lingua italiana esta obra fundamental xa que morreu repentinamente dun ataque de corazón en febreiro de 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. * Zur Formenbildung von dare und stare im Romanischen. (Dissertation). Bern: Francke, 1949

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Maria Iliescu, Guntram A. Plangg, Paul Videsott (ed.): Die vielfältige Romania. Dialekt – Sprache – Überdachungssprache. Gedenkschrift für Heinrich Schmid (1921–1999). Istitut Cultural Ladin "Majon di Fascegn", Vich 2001, ISBN 88-86053-23-1.