Saltar ao contido

Heinrich Koppelmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeinrich Koppelmann
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor en Wikidata
Lippstadt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Heinrich Ludwig Koppelmann, nado antes de 1928, foi un lingüista alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Descoñécense os seus datos persoais[1], só se sabe que Koppelmann publicou numerosos artigos e libros sobre temas lingüísticos desde a década de 1920 ata a década de 1950.

Hipótese da familia lingüística eurasiática

[editar | editar a fonte]

Koppelmann presentou en 1928 semellanzas entre as linguas indoeuropeas e outras linguas eurasiáticas, ainu e coreano[2]. Baseándose nelas formulou en 1933[3] a hipótese de que, xunto con estas linguas, estarían emparentadas as familias lingüísticas urálica (e, polo tanto, tamén as iucaguiras) e altaica, ademais do nivkh e o sumerio. Así, asumiu partes da hipótese nostrática de Holger Pedersen, excluíndo da súa hipótese as semíticas (e, polo tanto, as modernas afroasiáticas). O semita está emparentado máis de lonxe coa familia euroasiática. A este respecto, Koppelmann pode ser considerado como o precursor de Joseph Greenberg, coa súa moi similar hipótese eurasiática. Greenberg, ao parecer, chegou de forma independente a unha agrupación moi semellante, cando presentou en 1987 a súa hipótese eurasiática por primeira vez[4]. Só na súa última publicación de 2000/2002[5][6] se refire a Koppelmann (1933) como fonte bibliográfica.

É digno de resaltar que Koppelmann 1933 non só enumera semellanzas gramaticais e léxicas, senón que tamén as apoia en propostas de leis fonéticas. Nisto está a diferenza entre o seu traballo e o euroasiático de Joseph Greenberge. Greenberg, pola súa banda contemplou o xaponés como pertencente a esta familia, pero Koppelmann, baseándose nos totalmente diferentes numerais, e por falta de coñecidos pronomes persoais comparábeis non contou o xaponés entre ese grupo lingüístico.

A hipótese euroasiática non atopou grande aceptación, en particular os coreanistas atoparon numerosos erros. Tampouco os defensores do nostrático seguiron as ideas de Koppelmann, antes de que Greenberg chegase a resultados similares. Máis recentemente, os investigadores do nostrático (por exemplo Allan Bomhard) téñense aproximado ao eurásico/eurasiático. O coreanista alemán André Eckardt intentou demostrar a tese de que o coreano é unha lingua indoeuropea, pero no atopou aceptación ningunha.

  1. Cf. Lars von Karstedt p. 113.
  2. Heinrich Koppelmann: Die Verwandtschaft des Koreanischen und der Ainu-Sprachfamilie mit den indogermanischen Sprachen. In: Anthropos. Internationale Zeitschrift für Völker- und Sprachenkunde, Wien 1928.
  3. Heinrich Koppelmann: Die Eurasische Sprachfamilie. Carl Winters Universitätsbuchhandlung, Heidelberg 1933.
  4. Joseph Greenberg: Language in the Americas. Stanford University Press 1987.
  5. Joseph Greenberg: Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 1, Grammar. Stanford University Press 2000.
  6. Joseph Greenberg: Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 2, Lexicon. Stanford University Press 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]