Heinrich Geissler
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de maio de 1814 Igelshieb |
| Morte | 24 de xaneiro de 1879 Bonn |
| Lugar de sepultura | Alter Friedhof Bonn (pt) |
| Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física e instrumento científico |
| Lugar de traballo | Bonn (1852–1879) A Haia (1845–1846) |
| Ocupación | scientific glassblower (en) |
| Período de actividade | (Con vida en: 1845 |
| Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1852–) |
| Compañeiro profesional | Julius Plücker |
| Participou en | |
| 1855 | Exposição Universal de 1855 (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Q135206645 |
| Irmáns | Friedrich Wilhelm Florenz ("Wilhelm"). Geissler |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica Fiziki, (p.78) |
Heinrich Geissler, nado en Igelshieb o 26 de maio de 1814 e finado en Bonn o 24 de xaneiro de 1879, foi un inventor alemán.
Meirandes contribucións
[editar | editar a fonte]Geissler dominaba a técnica do soprado de cristal e posuía un negocio de fabricación de instrumentos científicos. En 1857 inventou unha bomba de baleiro sen elementos mecánicos móbiles, baseada nos traballos de Evangelista Torricelli. Aproveitando o baleiro creado polo descenso da columna de mercurio pechada no interior dun tubo, conseguiu alcanzar niveis de baleiro non conseguidos con anterioridade. Os recipientes nos que se practica o baleiro deste xeito, chamados "Tubos de Geissler", tiveron un papel moi importante nos experimentos de descarga en tubos de baleiro e contribuíron ao estudo da electricidade e dos átomos.