Hayat Mirshad
Hayat Mirshad | |
---|---|
Nacemento | 1988 |
Nacionalidade | Líbano |
Ocupación | xornalista, humanitarian e activista |
Premios | 100 Mulleres da BBC |
Na rede | |
https://hayatmirshad.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hayat Mirshad, nada en 1988, é unha xornalista feminista libanesa, activista, e co-fundadora do colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE. Ten unha licenciatura en literatura inglesa pola Universidade libanesa e unha licenciatura nun curso de xénero en desenvolvemento humano e axuda humanitaria pola Universidade americana de Beirut.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hayat Mirshad fundou o primeiro programa de radio feminista do Líbano en 2012, chamado "Sharika wa Laken" (Un socio aínda non igual). En 2007, cofundou o colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE onde segue sendo co-directora. É tamén xefa de comunicacións no Encontro Democrático de Mulleres Libanesas e membro do Ágora de Innovación de Xénero de Xoves de ONU Mulleres.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2020, Mirshad foi recoñecida pola BBC como unHa das 100 muLLeres máIs influentes e inspiradoras do ano polo seu traballo como codirectora de FE-MALE.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ask an Activist: What do you think is the role of youth in ending violence against women and girls?". UN Woman - Arab States. 25 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2019. Consultado o 9 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Zrein, Rim (25 de novembro de 2020). "Lebanese Journalist Ranked Among BBC’s 100 Most Inspiring & Influential Women". The 961. Consultado o 9 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Arawi, Mia (24 de novembro de 2020). "Lebanese Activist Makes It To BBC's 100 Women List For 2020". Beirut. Consultado o 9 de marzo de 2020.