Hassan Diab
(2020) | |
Nome orixinal | (ar) حسان دياب |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xuño de 1959 (65 anos) Beirut, Líbano |
Primeiro ministro do Líbano | |
10 de agosto de 2020 – 10 de setembro de 2021 – Najib Mikati → | |
Primeiro ministro do Líbano | |
19 de decembro de 2019 – 10 de agosto de 2020 ← Saad Hariri (pt) | |
Minister of Education and Higher Education (en) | |
13 de xuño de 2011 – 15 de febreiro de 2014 ← Hassan Mneimneh (pt) – Elias Bou Saab (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Sunnismo |
Educación | Universidade Metropolitana de Leeds Universidade de Surrey Professores da Universidade de Bath (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, funcionario, político |
Empregador | Universidade Americana de Beirut |
Hassan Diab (en árabe : حسان دياب) nado en Beirut o 6 de xaneiro de 1959, é un enxeñeiro e académico libanés, que foi primeiro ministro do Líbano de xaneiro a agosto de 2020.[1] Antes do ser primeiro ministro, Diab exerceu como ministro de Educación libanés entre 2011 e 2014, baixo a presidencia de Michel Suleiman .
Biografía
[editar | editar a fonte]Diab naceu nunha familia libanesa en Beirut en 1959. Licenciado en enxeñaría de comunicacións, na Universidade Metropolitana de Leeds en 1981. Despois obtivo un mestrado en enxeñaría de sistemas pola Universidade de Surrey en 1982 e un doutoramento en enxeñaría informática pola Universidade de Bath en 1985.
Diab está casado con Nuwar Mawlawi e ten tres fillos. Actualmente vive en Beirut. É un musulmán sunita.[2]
Diab foi profesor de enxeñaría eléctrica na Universidade Americana de Beirut (AUB). Tamén foi vicepresidente de programas externos rexionais na AUB de outubro de 2006 a xuño de 2011.[3] O 13 de xuño de 2011 foi nomeado Ministro de Educación e Educación Superior como parte do gabinete de Najib Mikati, en substitución de Hassan Mneimneh. Foi sucedido por Elias Abu Saab como ministro de Educación, o 15 de febreiro de 2014.[4]
Foi nomeado primeiro ministro libanés para suceder a Saad Hariri o 19 de decembro de 2019, no medio das protestas no Líbano entre 2019 e 2020 que causaran a dimisión de Hariri. A candidatura de Diab obtivo o apoio de 69 membros do parlamento do Líbano, a maioría simple; o seu apoio veu dos partidos que compoñen a Alianza do 8 de marzo.[5]
O 10 de agosto de 2020, Diab dimitiu, xunto co seu goberno, tras varias protestas da poboación tras as explosións no porto de Beirut unha semana antes.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lebanon protests: University professor Hassan Diab nominated to be PM".
- ↑ "Roadblocks across Lebanon as anger rises over Diab pick as PM".
- ↑ "New education minister eschews political spats".
- ↑ "Lebanese cabinet formed after 10-month stalemate".
- ↑ "Lebanon, Mired in Crises, Turns to a Professor as Prime Minister".
- ↑ "Após explosão em Beirute, primeiro-ministro do Líbano renuncia ao cargo". www.g1.globo.com. Consultado o 13 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web persoal (en inglés)
- Biografía no CIDOB (en castelán)