Harry Potter: The Exhibition

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traxes de quidditch no Harry Potter Exhibition de París, en abril de 2015.

Harry Potter: The Exhibition é unha exposición itinerante baseada no universo de Harry Potter, nos libros e nos filmes, dos cales amosa escenarios, traxes e outro obxectos. A primeira exposición estendeuse dende abril de 2009 até marzo de 2020. A segunda exposición itinerante comezou a principios de 2022.

Primeira itinerancia (2009-2020)[editar | editar a fonte]

Os obxectos de Gilderoy Lockhart en exhibición en París.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Warner Bros. Consumer Products, unha división de Warner Bros. Entertainment Inc. (o estudio que produciu os filmes da saga), creou a exhibición en colaboración con Exhibitgroup/Giltspur[1] (que posteriormente se fusionaría con GES Exposition Services).[2][3]

Xira[editar | editar a fonte]

A exposición abriuse orixinalmente en abril de 2009 no Museo de Ciencia e Industria de Chicago, Illinois, nos Estados Unidos.[1] Logo da súa estrea, a exposición mostrouse en diversas cidades do mundo. A exposición final desta iteración foi no Pavilhão de Portugal, en Lisboa, Portugal, que rematou en marzo de 2020 (antes do previsto por mor da pandemia de COVID-19).[4]

Características[editar | editar a fonte]

A exposición contou con atrezzo, disfraces e outros obxectos empregados na rodaxe da serie de filmes Harry Potter.[5] Entre os elementos expostos estaban a variña e os lentes de Harry Potter. Tamén conta con algúns escenarios dos filmes, como o Gran Salón e a Sala Común de Gryffindor da escola de ficción Hogwarts, que é un escenario importante da serie.[1][6] A partir de 2016, tamén se incluíron algúns obxectos da serie de filmes Animais fantásticos e onde atopalos.[7]

Segunda itinerancia (2022)[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A partir de 2021, Warner Bros., en colaboración con Imagine Exhibitions e EMC Presents, está creou unha nova versión da exposición. Esta nova versión seguiu contando coas series de libros e filmes Harry Potter e Animais fantásticos, e tamén con historias do Wizarding World expandido, incluíndo Harry Potter and the Cursed Child. Os visitantes poderán ver atrezzo auténtico e traxes orixinais dos filmes e terán a oportunidade de interactuar nas exposicións.[8][9]

Xira[editar | editar a fonte]

O Franklin Institute de Philadelphia, Pennsylvania acolleu a estrea mundial da exposición a comezos de 2022, e posteriormente comezou unha xira mundial en diferentes cidades.[9] En decembro de 2023 chegou a Macau.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Harry Potter: the Exhibition Opens at Chicago's Museum of Science and Industry on April 30, 2009" (Nota de prensa). Time Warner. 29 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  2. "GES Acquisitions Timeline". GES Genealogy. 17 de marzo de 2017. Consultado o 27 de maio de 2018. Feb 2010 Merged Exhibitgroup/Giltspur (EG), Becker Group and GES Exposition Services 
  3. Hosford, Christopher (14 de xullo de 2009). "Event Marketing Companies Exhibitgroup/Giltspur and GES Combine". Ad Age. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  4. "Harry Potter: The Exhibition – Lisbon, Portugal". MuggleNet. 14 de agosto de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. The Exhibition‘s 21st worldwide stop landed in Lisbon, Portugal. It remained open at the Pavilion of Portugal from November 16, 2019, to March 15, 2020, earlier than its scheduled closing date of April 8 due to the COVID-19 pandemic. 
  5. Hubbard, Garrett (29 de abril de 2009). "Chicago exhibit welcomes Potter fans to Hogwarts". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  6. McCarthy, Erin (21 de abril de 2011). "Harry Potter Exhibition: Behind-the-Scenes Q&A". Popular Mechanics. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  7. "Harry Potter: The Exhibition will remain in Brussels for the holidays" (Nota de prensa). 27 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  8. "Fans Of The Wizarding World Rejoice! An All-New Harry Potter: The Exhibition Is Coming In 2022" (Nota de prensa). Imagine Exhibitions, Inc. Cision PR Newswire. 11 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  9. 9,0 9,1 "Harry Potter: The Exhibition to launch in Philadelphia in 2022". wizardingworld.com. Wizarding World Digital. 1 de xullo de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  10. Hurley, Grace (2023-05-27). ""Harry Potter: The Exhibition" Is Heading to Macao". MuggleNet (en inglés). Consultado o 2023-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]