Harriet Tracy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1834 |
Morte | 30 de maio de 1918 (83 anos) |
Actividade | |
Ocupación | inventora |
Harriet Ruth Brisbane Tracy, nada en Charleston, Carolina do Sur o 6 de decembro de 1834 e finada o 30 de maio de 1918, foi unha inventora estadounidense que patentou polo menos 27 inventos entre 1868 e 1915, incluíndo seis patentes de ascensores e 17 de máquinas de coser. A súa primeira patente foi a dun accesorio de berce para somieres. O seu ascensor patentado utilizouse na Exposición Universal de Chicago de 1893.[1][2]
No seu obituario sinálase que tamén estaba "dotada como escritora de verso e prosa" e que colaboraba con frecuencia en "revistas e publicacións periódicas".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Harriet trasladouse a Nova Inglaterra antes de 1911. En 1860 casou con Cadwallader Colden Tracy (1830-1921),[3] un xogador de béisbol que fora membro dos Knickerbockers de Nova York en 1854.[4] Desde aproximadamente 1860 ata 1890 viviu en Staten Island, Nova York, na localidade de New Brighton. Tivo catro fillas.[5] Trasladouse cara a 1890 coa súa familia a París, Francia, e logo a Londres, Inglaterra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hughes, Debra (20 de febreiro de 2017). "Woman Inventor: Harriet Ruth Tracy's 19th Century Patents". Hagley Museum. Consultado o 28 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 van der Bijl, Hanno (26 de marzo de 2015). "Elevator Women". Elevator World. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2017.
- ↑ "Index entry". FreeBMD. ONS. Consultado o 8 de maio de 2019.
- ↑ Thorn, John (Fall 2012). "Base Ball: A Journal of the Early Game" 6 (2): 214.
- ↑ Eduardo Haviland Hillman (1913). "The Brisbanes". South Carolina Historical and Genealogical Society, Charleston.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harriet Tracy |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stanley, Autumn (1995). Mothers and Daughters of Invention: Notes for a Revised History of Technology. p. 708. ISBN 9780813521978.