Harriet Brooks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHarriet Brooks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Exeter, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1933 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCanadá Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade McGill (pt) Traducir
Bryn Mawr College
Newnham College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseErnest Rutherford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica nuclear Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBarnard College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Interesado enFísica nuclear Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Brooks-7900

Harriet Brooks, nada en Exeter o 2 de xullo de 1876 e finada o 17 de abril de 1933, foi a primeira muller física nuclear nada no Canadá. É coñecida polas súas investigacións sobre transmutacións nucleares e radioactividade .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Harriet Brooks licenciouse en matemáticas e filosofía natural pola Universidade McGill en 1898. Foi a primeira estudante de posgrao de Ernest Rutherford (daquela profesora na Universidade McGill), con quen traballou inmediatamente despois de graduarse. Con el traballou en electricidade e magnetismo[1] para obter o seu mestrado en 1901. Foi a primeira muller da Universidade McGill en recibir un máster.

Despois de obter este título e de novo baixo a dirección de Rutherford, fixo unha serie de experimentos para determinar a natureza das emisións radioactivas do torio.[1] Estes experimentos constituíron a base para o desenvolvemento da ciencia nuclear. Foi unha das primeiras persoas en descubrir o radón e en intentar determinar a súa masa atómica.[2][3]

Durante un curto período tamén traballou baixo a supervisión de Marie Curie. En 1904, Brooks foi nomeada para a facultade do Barnard College . En 1907 casou con Frank Pitcher e abandonou o campo da física, xa que naqueles tempos era obrigatorio que calquera muller da universidade renunciase ao seu traballo despois de casar.[2]

Brooks é considerada unha das mulleres máis importantes da súa época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Harriet Brooks, pionera canadiense de la física nuclear". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-08-09. Consultado o 2022-07-02. 
  2. 2,0 2,1 "La desintegración nuclear; Harriet Brooks.". A hombros de gigantes. Ciencia y tecnología (en castelán). 2016-07-22. Consultado o 2022-07-02. 
  3. Rayner-Canham, Marelene F. (1992). Harriet Brooks : pioneer nuclear scientist. Montréal [Que.] ISBN 978-0-7735-6318-6. OCLC 243564705.