Handbollsligan
| Tipo | handball league (en) |
|---|---|
| Deporte | balonmán |
| Número de participantes | 14 |
| Localización e Datas | |
| País | Suecia |
| Vixencia | 1931 – |
| Outro | |
| Páxina web oficial | svenskhandboll.se… |
A Handbollsligan (1990-2017: Elitserien i handboll för herrar (en galego Liga Elite)) é a máxima categoría do balonmán sueco na que compiten os 14 mellores equipos de balonmán do país. Trátase da liga de balonmán máis antiga do mundo, sendo a 1931-32 a súa primeira tempada. A liga finaliza cun play-off e unha final.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A tempada comeza a finais de setembro cunha liga regular na que os 14 equipos xogan entre eles unha vez na casa e outra a domicilio cun total de 26 xornadas. Os oito mellores equipos logo da liga regular clasifícanse para o play-off, mentres que os dous últimos descenden de categoría e o 11º e o 12º xogan unha promoción fronte ao 3º e 4º da segunda categoría, mentres que os dous primeiros da División 1 ascenden á máxima categoría.
A tempada finaliza cunha final a partido único a principios do mes de maio.
Equipos da tempada 2011-12
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Sueca de Balonmán Arquivado 18 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- Sitio web oficial da Elitserien masculina
