Halldór Már

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHalldór Már

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Reiquiavik, Islandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , cantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua islandesa, lingua inglesa e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdarumarecords.net Editar o valor em Wikidata
MySpace: halldormar Musicbrainz: 8de8f7cb-48c1-4d81-9c7e-da7f27fa29f1 Songkick: 1909609 Editar o valor em Wikidata

Halldór Már Stefánsson, nado en Reiquiavik (1972), é un cantautor e guitarrista islandés. A súa música está baseada no folk acústico e alternativo. É tamén compoñente do grupo de pop/rock Wiggum.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi músico dende pequeno, cando lle daba ás potas e tixolas da súa nai nunha pequena vila de Islandia. Inicia os seus estudos de guitarra co profesor Örn Vinðar Erlendsson no Conservatorio de Akureyri. En 1993, trasládase a Barcelona para realizar estudos de perfeccionamento de guitarra na Escola Luthier d'Arts Musicals cos profesores Arnaldur Arnarson e Alex Garrobé. Participou como activo en cursos internacionais con mestres como David Russell, Hopkinson Smith, Manuel Barrueco ou José Tomás Pérez Seles. Máis adiante percorre Islandia e España como solista e forma parte de "Mosaic, Barcelona’s Guitar Quartet".

En 2004, colabora no disco "Amb les mans" do compositor e guitarrista Eduard Rodés interpretando unha peza chamada "La Luz" e inspirada na vida de Ferrer i Guàrdia, coñecido librepensador fusilado no ano 1909 por mor dos disturbios da Semana Tráxica.

En 2006, o mesmo Eduard Rodés edita un novo disco baixo o nome "República Mediterránea", onde Halldor Mar volve colaborar interpretando o tema "Al Iskandariyah".

En 2009, lanza o seu primeiro álbum en solitario, Simple, baixo o selo Daruma Records. O disco grávase no estudo El Tostadero coa axuda do produtor Marc Molas.

Halldor Mar é tamén membro do grupo Wiggum, que tras a súa formación en 2009, edita en febreiro de 2010 o seu primeiro álbum chamado Sintón Nisón ama a Nifú Nifá, gravado no estudo Micromaltese con Cacho Salvador (de "Extraperlo") como produtor.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Simple (Daruma Records, 2009)
  • Sintón Nisón ama a Nifú Nifá do grupo Wiggum (El Genio Equivocado, 2010)
  • Winds (Amantes Records, 2014)
  • Records (La Cúpula Music, 2017)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]