HMS Tiger (1913)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMS Tiger
Historial
Estaleiro John Brown and Company, Clydebank
Tipo cruceiro de batalla
Posta en grella 20 de xuño de 1912
Botado 15 de decembro de 1913
Asignado 3 de outubro de 1914
Baixa 15 de maio de 1931
Destino vendido para o despedazamento en febreiro de 1932
Características xerais
Eslora 214,6 m
Manga 27,6 m
Calado 9,9 m

O HMS Tiger foi un cruceiro de batalla da Royal Navy e o décimo primeiro barco en levar ese nome. Foi construído pola John Brown and Company de Clydebank, Escocia, e botado en 1913. O Tiger era o cruceiro de batalla máis fortemente armado da Royal Navy ao principio do conflito, pero non estaba aínda preparado para o servizo cando comezou. O buque foi asignado ao 1º escuadrón de cruceiros de batalla durante toda a guerra, e participou na batalla do banco Dogger a principios de 1915, aínda que non estaba preparado e o seu comportamento non foi bo. Posteriormente estaría na batalla de Xutlandia en 1916, onde só foi lixeiramente danado a pesar de recibir varios impactos alemáns. Ademais de proporcionar cobertura durante a segunda batalla de Helgoland en 1917, pasou o resto da guerra realizando patrullas sen incidentes no mar do Norte.

O Tiger foi o cruceiro de batalla máis antigo conservado pola Royal Navy despois dos límites de tonelaxe ditados polo Tratado Naval de Washington en 1922. Converteríase nun barco de adestramento de artillaría en 1924 e posteriormente uniuse ao escuadrón de cruceiros de batalla en 1929 cando o seu buque insignia, o Hood, someteuse a unha longa reforma. Tras o regreso do Hood en 1931, o Tiger foi decomisionado e vendido para o despedazamento en 1932.