O HMS Hood foi o derradeiro cruceiro de batalla construído para a Royal Navy. Formaba parte dun dos catro cruceiros de batalla clase Admiral ordenados a mediados de 1916, aínda que o seu deseño foi drasticamente revisado despois da batalla de Xutlandia e mellorado cando estaba en construción, cando aínda tiña serias limitacións. Por esta razón foi o único barco da súa clase en ser completado. Foi chamado así polo almirante do século XVIIISamuel Hood.
A construción do Hood iniciouse nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o día 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, engadíronse 5.000 toneladas extra de blindaxe e reforzos ao deseño do buque. O máis grave era que a protección da cuberta era defectuosa, repartida en tres dos pisos, estaba deseñada para que un proxectil que impactase detonase no piso de arriba, sendo a meirande parte da súa enerxía absorbida e o resto repartida polas dúas cubertas inferiores. O desenvolvemento de efectivos proxectís con mecanismo de retardo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar a través de varias capas de blindaxe débil e estoupar no interior do barco. Ademais, excedeu en moito o peso en comparación do deseño orixinal, o que o facía un buque pouco manobrable e con moita tensión estrutural.
Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do contraalmirante Sir Horace Hood, un tatara-tatara-neto do almirante Samuel Hood, polo que foi bautizado o barco. Sir Horace Hood morrera mentres comandaba o 3rd Battlecruiser Squadron no HMS Invincible, un dos tres cruceiros de batalla que estouparon na batalla de Xutlandia. Co fin de facer espazo no estaleiro John Brown para a construción de mercantes, o Hood navegou cara Rosyth para completar o seu acondicionamento o 9 de xaneiro de 1920. Despois das probas de mar, foi asignado o 15 de maio dese mesmo ano baixo o mando do capitán Wilfred Tompkinson. A súa construción custara 6025000£. Coas súas rechamantes chemineas xemelgas e o seu perfil delgado, o Hood foi recoñecido como un dos buques de guerra máis bonitos construído. Tamén foi o maior barco de guerra cando se asignou, e mantivo esta distinción durante os seguintes 20 anos. O seu tamaño e potente armamento de grande alcance valéronlle o alcume de "Mighty Hood" (poderoso Hood), converténdose así nun símbolo do Imperio Británico.
A construción do Hood comezou nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, foron engadidas 5.000 toneladas de blindaxe e reforzos extra ao deseño do Hood. Principalmente reforzouse a protección da cuberta, que foi distribuída en tres pisos, deseñada para que un impacto detonase no primeiro piso, sendo a meirande parte da enerxía absorbida ao penetrar o proxectil nas seguintes dúas cubertas. O desenvolvemento de efectivos proxectís con retardo de tempo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar capas de blindaxe débil e estoupar dentro do barco.
Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do almirante Sir Horace Hood, un tataraneto do almirante Samuel Hood, por quen foi bautizado o barco.
O Hood participou nun feixe de exercicios entre a súa asignación en 1920 e o comezo da segunda guerra mundial en 1939; entre os que se inclúen exercicios de adestramento no mar Mediterráneo e unha viaxe ao redor do mundo co Special Service Squadron en 1923 e 1924. Co estoupido da segunda guerra italo-etíope uniuse á Frota do Mediterráneo, e cando empezou a guerra civil española foi asignado oficialmente a esta frota, ata que en 1939 tivo que regresar a Inglaterra para unha revisión. Nese momento da súa carreira, o Hood atopábase algo desfasado debido ao avances da artillaría naval. Programouse sometelo a unha importante reconstrución en 1941 para corrixir estes defectos, pero o estoupido da segunda guerra mundial forzou que o barco permanecese en servizo sen estas melloras.
Cando se declarou a guerra con Alemaña en setembro de 1939, o Hood estaba operando nos arredores de Islandia, e pasou os seguintes meses entre esa illa e o mar de Noruega asaltando barcos mercantes alemáns e realizando bloqueos comerciais. Despois dunha breve revisión do seu motor, navegou como buque insignia da "Force H", e participou na destrución da frota francesa en Mers-el-Kebir. Revelado como buque insignia da "Force H", o Hood foi enviado a Scapa Flow e operou nesa zona como escolta de convois e posteriormente como defensa contra unha potencial frota alemá de invasión. En maio de 1941, ao lado do HMS Prince of Wales, foi enviado a interceptar ao acoirazado alemán Bismarck que estaba en ruta para atacar convois no Atlántico. O 24 de maio de 1941 o Hood foi alcanzado por varios proxectís alemáns no inicio da batalla do Estreito de Dinamarca e estoupou, afundíndose en poucos minutos; a perda tivo un profundo efecto nos británicos. O primeiro ministro Winston Churchill ordenou á Royal Navy "afundir o Bismarck", o que se conseguiu entre o 26 e o 27 de maio.