Saltar ao contido

HMS Lion (1910)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMS Lion
 Nome curto
Lion Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Operador/a
Produción
 Fabricante
Características
 Velocidade máxima
27.0 kn Editar o valor en Wikidata
 Tipo de embarcación
Dimensión
Lonxitude213,4 m Editar o valor en Wikidata
Manga26,9 m Editar o valor en Wikidata
Calado8,8 m Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Entrada en servizo
4 de xuño de 1912 Editar o valor en Wikidata
 Acontecementos
30 de maio de 1922 retirada do servizo
4 de xuño de 1912 posta en servizo
6 de agosto de 1910 botadura
29 de novembro de 1909 posta da quilla Editar o valor en Wikidata
 Conflito
Localización
 País de orixe
Wikidata C:Commons

O HMS Lion foi un cruceiro de batalla da Royal Navy, o principal barco da súa clase. Tiña significativas melloras con respecto aos seus predecesores da clase Indefatigable en termos de velocidade, armamento e blindaxe. Os barcos da clase Lion eran 2 nos máis rápidos, cambiaron os canóns de 305 mm dos barcos máis vellos polo mesmo número de canóns de 343 mm, e tiña un cinto na liña de flotación de 229 mm de espesor contra os 152 mm da clase Indefatigable. Esta foi a resposta aos primeiros cruceiros de batalla alemáns, a clase Moltke, que eran máis grandes e potentes que os primeiros británicos, a clase Invincible.

O Lion serviu como buque insignia dos cruceiros de batalla da Grand Fleet durante a primeira guerra mundial, agás cando estivo sendo reacondicionado ou reparado. Afundíu ao cruceiro lixeiro alemán Cöln durante a batalla de Helgoland e serviu como buque insignia do vicealmirante Beatty nas batallas do banco Dogger e Xutlandia. Foi seriamente danado na primeira desas batallas e tivo que ser remolcado polo cruceiro de batalla Indomitable para regresar a porto, onde estivo en reparación durante dous meses. Durante a batalla de Xutlandia tivo un grave incendio que puido destruír o barco pero grazas ao home ao mando da torreta incendiada, que mandou inundar a polvoreira, o buque salvouse. O lume destruíu unha torreta que tivo que ser retirada para reconstruíla e o barco pasou varios meses en reparación. Pasou o resto da guerra en patrullas sen incidentes no mar do Norte, aínda que proporcionou cobertura a distancia na segunda batalla de Helgoland en 1917. Pasou á reserva en 1920 e foi vendido para o despedazamento en 1924 baixo os termos do Tratado naval de Washington.