Hüseyin Aygün

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hüseyin Aygün
Hüseyin Aygün (portrait).jpg
Nacemento20 de outubro de 1970
 Tunceli
NacionalidadeTurquía
Alma máterAnkara University, Law School
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Hüseyin Aygün, nado en Tunceli o 20 de outubro de 1970, é un escritor, avogado e político turco da minoría zaza aleví. Foi representante da provincia de Tunceli no parlamento entre 2011 e 2015 polo CHP.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ihsaniye Aygün traballou como avogado na súa cidade natal, despois de se formar na Facultade de Dereito da Universidade de Ancara. Escribiu varios libros, principalmente sobre a masacre de Dersim contra os zaza alevís. Dersim 1938 ve Zorlu İskan (2009) , 0.0.1938 Resmiyet ve Hakikat (2010), Dersim 1938 ve Hacı Hıdır Ataç’ın Defteri (2012), Fişlemenin Kısa Tarihi (2014). Mais tamén é autor dun libro en zazaki, Eve tarixe ho teri Amaene (2007).

Secuestro[editar | editar a fonte]

Militantes do PKK secuestrárono arredor das 19:00, hora local, o 12 de agosto de 2012, cando volvía de visitar a localidade de Ovacik (Tunceli) acompañado dun reporteiro dun xornal e do seu asesor. Os militantes saíronlle ao paso e tras pararen o seu coche na autoestrada levárono a un bosque, ameazándoo con dispararlle se opuña resistencia.

Os secuestradores liberárono o 14 de agosto de 2012[1]. Nas súas primeiras declaracións afirmou que estaba ben de saúde e que o trataran con respecto, asegurando que pretendían realizar unha chamada ao cesamento das hostilidades[2]. As súas declaracións xeraron controversia no seo do seu partido, e así Metin Feyzioğlu criticou a simpatía que desprendían por unha organización terrorista mentres o voceiro Haluk Koç subliñou o chamamento á paz expresado por Aygün[3].

Conflitos co seu partido[editar | editar a fonte]

Aygün fixo declaracións sobre a responsabilidade do seu partido na masacre de Dersim e máis tarde sobre o status do alevismo, causando polémica co resto dos deputados e co líder do partido Kemal Kılıçdaroğlu. Debido a estas declaracións contrarias á política do seu partido, algúns membros do CHP solicitaron a súa expulsión[4].

En 2014, Aygün participou na fundación do Movemento Xuño Unido, unha organización progresista formada despois das protestas de Gez e mostrouse partidario da súa conversión nun partido político[5].

Nas eleccións de xuño de 2015 non se presentou á reelección[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kurdish rebels free Turkish lawmaker". Reuters. 14 de agosto de 2012. 
  2. "Kidnapping aimed at propaganda, says released MP". Hürriyet Daily News. 15 de agosto de 2012. 
  3. "Freed MP’s remarks on peace show rift in party". Hürriyet Daily News. 16 de agosto de 2015. 
  4. Kabir Tambar (2014). The Reckoning of Pluralism: Political Belonging and the Demands of History in Turkey. Stanford University Pres. p. 134. 
  5. "Interview with Hüseyin Aygün: The Political Dynamics of Turkey: The Legacy of the Past and the Increasing Challenges of Today – Part II". Research Turkey. 11 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  6. "Main opposition CHP faces low numbers of candidate nominees". Daily Sabah. 3 de marzo de 2015.