Héctor de Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHéctor de Saavedra
Biografía
Nacemento1862 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte1922 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Héctor (de) Saavedra y Rovira, nado en Santiago de Cuba en 1862 e finado en 1922, foi un escritor e xornalista cubano-español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De antepasados galegos, foi fillo de Juan de Saavedra e Sánchez, natural da Habana, e Numa Rovira e Valeriano. Casou con María Luisa Sarachaga e Molina, que faleceu só algúns anos despois, e volveu a casar. Foi redactor de El Fígaro (1892-1918), de La Habana Elegante (1894), de La Discusión (1903-1904) e de Diario de la Marina (1913-1922) tamén da Habana, e fíxose famoso como cronista de sociedade. As súas ofensas de palabra e de obra valéronlle máis dun duelo a pistola, por exemplo contra o señor Francisco Romero, a quen alcanzou no peito, sendo el ferido na cabeza.[1] Formou parte do faladoiro habaneiro de El Fígaro, onde coñeceu o famoso poeta Julián del Casal e colaborou na revista pedagóxica La Escuela Cubana (1912) e en Cuba y América (1889-1917).

Viaxou a España polo menos entre 1893 e 1895 e en Madrid, o sete de maio de 1895, presidiu o duelo do cabaleiro Athos de San Malatto contra Felix Lyon por mor dunha inxuria que este creu ter recibido por escrito do primeiro, levantando acta do mesmo.[2] Logo viaxou a París, onde colaborou en La República Cubana (1896).

Usou os pseudónimos de "Fleur de Elegante", "María Vitoria" e "Héctor" en El Fígaro e La Habana Elegante, "A. Yax" en La República Cubana, "Fieramosca" en La Discusión e "Segismundo Krasinki" en El Diario de la Marina.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agustín Cervantes, Los duelos en Cuba, Compostela: A. Miranda y Compañía, 1894, p. 84.
  2. La Vanguardia 11-V-1895, http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1895/05/11/pagina-1/33395895/pdf.html
  3. Domingo Figarola-Caneda, Diccionario cubano de pseudónimos, Habana, imprenta "El siglo XX", 1922