Gálata Ludovisi
O Gálata Ludovisi é escultura helenística de mármore que está exposta no Palazzo Massimo alle Terme, e está estilisticamente dentro da Escola de Pérgamo, unha escola helenística que se inclinou cara a sentimentos patéticos e violentos.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe reside na decisión do rei Átalo I de Pérgamo, que decidiu conmemorar a importante vitoria sobre os gálatas no 233 a.C. cun conxunto formado por seis esculturas. No centro estaba o gálata Ludovisi, que acababa de matar á súa muller; mentres sostén o cadáver volve a cabeza cara ao seu inimigo ao mesmo tempo que se suicida; ao seu arredor hai outros catro gálatas tendidos no chan, incluído o Gálata moribundo .
É probablemente unha copia romana do século I a.C. en mármore dunha estatua grega xa desaparecida, aínda que a orixinal foi feita en bronce. A comisión fíxose entre o 230 a.C. e 220 a.C. Descoñécese a identidade do escultor, pero algúns suxiren que Epígono, o escultor da corte da dinastía atálida de Pérgamo, puido ser o autor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gálata Ludovisi |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Historia del Arte, 9. El arte griego (III). Miguel Ángel Elvira,. Historia 16, 1989, pp. 88 e 149-150. (en castelán)
- Francis Haskell and Nicholas Penny, Taste and the Antique: The Lure of Classical Sculpture 1500-1900 Cat. 68, as "Paetus and Arria" pp 282–84.
- Walter Friedlaender, Nicolas Poussin: A New Approach (Nova York: Abrams) 1964.