O partido presentou candidatos nunha lista común con Vetëvendosje nas eleccións lexislativas de Kosovo de 2021, e logrou sete deputados, entre eles Vjosa Osmani[2]. Dous dos seus parlamentarios uníronse ao goberno de Kurti II como resultado destas eleccións, e os seus escanos, que quedaron vacantes como marca a lei, cubríronos membros de Vetëvendosje segundo a orde que figuraba na lista común, o que reduciu a 5 o número de escanos do partido. Coa elección de Osmani á presidencia en abril de 2021, o número de deputados baixou a 4 [3]e, ao prohibir a constitución que o presidente forme parte dun partido político, Vjosa Osmani deixou o partido e cedeu a dirección a Donika Gërvalla-Schwarz [4].
En febreiro de 2022 rexistrouse formalmente como partido político, ata entón fora unha lista electoral[5].