Saltar ao contido

Guntars Sietiņš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuntars Sietiņš
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Kuldīga, Letonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador Editar o valor en Wikidata

Guntars Sietiņš, nado en Kuldīga o 23 de outubro de 1962, é un deseñador gráfico letón, coñecido por ser o autor dos anversos nacionais das moedas dun euro e de dous euros de Letonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Logo de finalizar en 1982 os seus estudos de Deseño Decorativo na Escola de Artes Aplicadas de Riga, Guntars Sietiņš estudou Belas Artes no departamento de Artes Gráficas da Academia de Arte da República Socialista Soviética de Letonia, entre 1982 e 1988. En 1998 acadou o seu mestrado en Arte.[1]

En 1997, Sietiņš accedeu ao posto de profesor na Academia de Arte de Letonia.[1]

Arte gráfica

[editar | editar a fonte]

Durante a súa época de formación aprendeu a técnica do gravado "a media tinta", que se converteu nun elemento esencial da súa obra gráfica ao longo de toda a súa carreira. Unha das manifestacións do seu traballo é a ilustración editorial e levou a cabo a ilustración de máis dun cento de libros.[1]

Sietiņš participou nun bo número de exposicións individuais e colectivas de carácter tanto nacional como internacional, en países como Suecia (1997, 2006 e 2010), os Estados Unidos (1998), Alemaña (2006, 2011 e 2013), Polonia (2011), China (2011), Bélxica (2014), Hungría e Italia (2014 e 2015) e Tailandia (2015).[1]

A súa obra como gravador pódese achar, entre outras, nas coleccións do Museo Nacional de Arte Arsenāls de Letonia, o Museo Nacional de Arte M. Čurlionis e a Galería de Arte M. Žilinska de Lituania, o Museo de Arte de Estonia, a Galería Estatal Tretyakov de Moscova, o Museo de Arte da Universidade Gonzaga dos Estados Unidos e o Museo Ala Ponzone de Cremona, en Italia.[1]

Deseño de moedas

[editar | editar a fonte]

Guntars Sietiņš foi o artista creador de varias moedas emitidas polo Banco de Letonia. En 2004 lanzou os seus primeiros deseños de moedas conmemorativas con valores faciais no antigo lats letón, actividade que mantivo ata 2011.[2]

A partir de 2014 foi o artista escollido polo Banco de Letonia para o deseño dos anversos nacionais das moedas letoas dun euro e de dous euros, caracterizados por unha reinterpretación da "doncela letoa". Este deseño, realizado por Rihards Zariņš para o anverso da moeda de prata de 5 lati de 1929, representa unha muller co traxe típico letón, a modo de personificación nacional de Letonia, para o que se tomou como modelo un retrato de Zelma Brauere.[3][2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1988: Medalla de ouro da Academia de Arte da RSS de Letonia.[1]

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Guntars Sietiņš. Mākslinieka monētas". Monetas.bank.lv
  2. 2,0 2,1 Moedas deseñadas por Guntars Sietiņš. Numista.com
  3. "5 Lati (1929-1932)". Numista.com
  4. "1 Lats Art Nouveau. Riga". Numista.com
  5. "1 Lats University of Latvia". Numista.com
  6. "1 Lats Rundale Palace". Numista.com
  7. "2 Euro". Numista.com
  8. "1 Euro". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]