Gumersindo López Figueroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 (132/133 anos) Merlán, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Gumersindo López Figueroa, coñecido como Lama Marín, nado en Merlán (Chantada) cara a 1891, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1931.[1] Propagandista agrario, foi secretario do comité directivo da Federación de Sociedades Agrarias da provincia de Lugo dende 1923,[2] e colaborou no seu órgano El Agro. Foi secretario da Federación de Agricultores de Chantada dende 1925,[3] volveu ser elixido secretario contador da Federación en 1928.[4] Foi elixido concelleiro de Chantada nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi o avogado de José Sabariz García, que sufriu un atentado nas eleccións de febreiro de 1936 e finou en marzo.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937[6] e foille incoado expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 3-7-1931, p. 8.
- ↑ El Progreso, 1-2-1923, p. 1.
- ↑ La Zarpa, 22-12-1925, p. 1.
- ↑ Vida Gallega, 11-3-1928, p. 47
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-3-1936, p. 10.
- ↑ BOE, 17-4-1938, p. 6829.
- ↑ BOE, 9-4-1940, p. 1794.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García, Xosé Lois (2008). Diversas consideracións sobre a fegresía e coto de Merlán.