José Sabariz García
José Sabariz García | |
---|---|
Lugar de nacemento | Antas de Ulla |
Falecemento | 15 de marzo de 1936 |
Lugar de falecemento | Antas de Ulla |
Nacionalidade | España |
Ocupación | labrego e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Sabariz García, nado en Antas de Ulla e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante de Izquierda Republicana. O 16 de febreiro de 1936, cando se celebraban as eleccións a Cortes, encontrándose nun colexio electoral de Antas de Ulla, José Varela Basabrú disparoulles a el, a Victorino García Otero e a outro. José e Victorino foron trasladados ao Hospital de Lugo.[1] Finou na súa casa de Antas de Ulla o 15 de marzo. Ao seu enterro asistiron o gobernador civil de Lugo e outras autoridades[2][3] A súa morte foi noticia na prensa estatal porque o autor dos disparos, José Varela, era o xenro de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito).