Guillermo Quintana Pardo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 |
Morte | 25 de setembro de 1969 (85/86 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Cee | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Familia | |
Fillos | Guillermo Quintana Lacaci, Ketty Quintana Lacaci (en) |
Guillermo Quintana Pardo, nado cara a 1883 e finado na Coruña o 25 de setembro de 1969, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Julián Quintana Cuesta, capitán de Infantaría de Mariña, e Encarnación Pardo Filgueira. Estudou na Academia de Infantaría. Estivo destinado nas Canarias e en Lugo. Comandante de Infantaría retirado, na República foi profesor de Matemáticas no colexio da Fundación Fernando Blanco de Cee.[1] Foi nomeado concelleiro de Cee polo gobernador civil en novembro de 1934 na corporación presidida por Argimiro Guillén Cereijo.[2]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil delegado civil de Cee.[3] Combatiu na guerra. Ascendido a coronel, foi destinado ao Rexemento Mixto de Infantaría de Máquinas de Acompañamento 88 en Ourense e foi gobernador militar da praza e provincia de Ourense en decembro de 1940.[4] Ascendido a xeneral de brigada, foi nomeado xefe da 52 División de Infantaría de Montaña en 1946.[5] Finou na Coruña o 25 de setembro de 1969 con 86 anos.[6]
Predecesor: Juan Bugeiro Pérez |
Alcalde de Cee 1936 -1937 |
Sucesor: Manuel Nemiña Canosa |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Cruz de San Hermenegildo en 1931.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ferrol con Enriqueta Lacaci García en 1913,[7] e foi pai de María Victoria, Guillermo, María Reyes, Enriqueta e Luis Antonio Quintana Lacaci.