Juan Bugeiro Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 |
Morte | 17 de abril de 1945 (64/65 anos) Muxía, España |
Alcalde de Cee | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Bugeiro Pérez, nado cara a 1880 e finado en Muxía o 17 de abril de 1945, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado e perito agrícola en Cee. Xuíz municipal de Cee (1909). Presidiu a Asemblea de peritos agrícolas e agrimensores celebrada en Ourense en 1912 e foi presidente da Asociación Regional de Peritos Agrimensores (1913). Foi correspondente en Muxía de El Orzán.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Cee. Na República foi elixido concelleiro en 1931. Militou en Unión Republicana e foi alcalde de Cee en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado economicamente cunha multa de 250 ptas. Morreu en Muxía o 17 de abril de 1945 con 64 anos.[2]
Predecesor: Argimiro Guillén Cereijo |
Alcalde de Cee 1936 |
Sucesor: Guillermo Quintana Pardo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa García Lago, e foi pai de Juan e José Bugueiro García.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xeración perdida. Coruña 36 (PDF). Deputación da Coruña. 2018. p. 166. ISBN 9788498123319.