Guillermo Paredes Viñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Ulloa, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Guillermo da Canteira |
Actividade | |
Ocupación | maquis, mineiro |
Guillermo Paredes Viñas, coñecido como Guillermo da Canteira, nado en Ulloa (Palas de Rei) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballaba nas minas de Asturias en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército leal. Cando caeu a fronte de Asturias tratou de volver a Ulloa, pero foi capturado en Guntín de Pallares. Xulgado, foi condenado a trinta anos e traballou nas minas de Fabero de onde escapou en febreiro de 1941 con Ovidio Álvarez, Ovidio Ferreras Rodríguez e Dionisio Gómez López. Fuxiron cara Lugo, e antes de chegar prenderon a Ovidio Ferreras. Conseguiron chegar a Toques, onde se fixeron con escopetas. Ao remate do verán de 1941 asaltaron a taberna de Ramón Blanco González en Cuíña (Palas de Rei), o 17 de novembro deron outro golpe económico na taberna de Antonio Rodríguez García en San Mamede do Carballal e o 29 do mesmo mes houbo un intento, frustrado polos veciños, de secuestrar o dono dun comercio no Castro das Seixas (Merlán). Perseguidos pola Garda Civil, a Dionisio Gómez López disparóuselle a escopeta e, ferido nunha perna, foi capturado pola forza pública e trasladado ao depósito de Palas de Rei onde morreu o 3 de xaneiro de 1942. A finais de xaneiro o xuíz militar de Lugo emite unha requisitoria contra Guillermo Paredes e Ovidio Álvarez imputados na causa 7/42 por atracos en San Mamede de Carballal e O Castro das Seixas.[1]
Guillermo integrouse na guerrilla e foi procesado na causa sumarísima 546/46 de León por un delito contra a seguridade do estado xunto con Marcelino de la Parra Casas e outros antigos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOP Lugo, 3-2-1942. p. 4.
- ↑ BOP de León, 28-1-1947, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 95–99. ISBN 84-87783-79-1.