Guerra subsidiaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principais lugares de guerra subsidiaria entre Irán e Arabia Saudita.

A guerra subsidiaria, guerra por poderes ou guerra por delegación é un tipo de guerra que se produce cando dúas ou máis potencias utilizan a terceiros como substitutos, no canto de enfrontarse directamente.[1] Para que un conflito se considere unha guerra por poderes, debe existir unha relación directa e a longo prazo entre os actores externos e os belixerantes implicados.[2] A relación antes mencionada adoita tomar a forma de financiamento, adestramento militar, armas ou outras formas de asistencia material que axudan a unha parte belixerante a manter o seu esforzo bélico.[2]

Aínda que as superpotencias utilizaron ás veces países enteiros como subsidiarios, normalmente prefírese utilizar a loita de guerrillas, mercenarios, grupos terroristas, sabotadores ou espías para atacar ao opoñente indirectamente. O obxectivo é danar, estragar ou debilitar á outra potencia sen entrar nun conflito aberto.

Con frecuencia, as guerras subsidiarias líbranse no contexto de conflitos violentos ou soterrados a grande escala. De cando en cando é posible librar unha guerra subsidiaria pura, pois os bandos utilizados teñen os seus propios intereses, algúns dos cales divergen dos intereses dos patróns.

Entre as guerras que se considera que tiveron un compoñente de subsidiariedad importante áchanse a Guerra civil española, a Guerra Civil Grega, as guerras de Corea, Vietnam ou Afganistán, a Guerra civil do Líbano, a Guerra civil angolana, a Guerra Indo-Paquistaní, a Guerra de Iraq, Guerra de Osetia do Sur, a Guerra civil do Salvador, a Guerra civil siria, a invasión rusa en Ucraína, en xeral, os conflitos derivados da Guerra Fría.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osmańczyk (2002), p. 1869
  2. 2,0 2,1 Hughes (2014), pp. 5, 12–13

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hughes, Geraint (2014). My Enemy's Enemy: Proxy Warfare in International Politics (en inglés). Brighton: Sussex Academic Press. ISBN 978-1845196271. 
  • Osmańczyk, Jan Edmund (2002). Encyclopedia of the United Nations and International Agreements (en castelán). Abingdon: Routledge Books. ISBN 978-0415939201. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]