Guerra de independencia de Texas
Guerra de independencia de Texas | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | revolutionary war (en) ![]() ![]() | ||
Resultado | Tratado de Velasco e independencia de facto da República de Texas. Conflitos intermitentes durante a década de 1840 que finalmente conduciron á Intervención norteamericana | ||
Coordenadas | 31°N 100°O / 31, -100 | ||
Localización
| |||
Data | |||
Data | 2 de outubro de 1835 - 21 de abril de 1836 | ||
Comezo | 2 de outubro de 1835 e outubro de 1835 ![]() | ||
Remate | 21 de abril de 1864 e abril de 1836 ![]() | ||
Participantes | |||
| |||
Participantes
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Baixas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A Guerra de independencia de Texas, tamén coñecida como Revolución Texana,[2] foi o conflito que enfrontou o goberno de México e os colonos texanos entre o 2 de outubro de 1835 e o 21 de abril de 1836.
Os problemas entre o gogerno mexicano e os habitantes do que daquela era a provincia Coahuila e Texas comezaran coa promulgación da constitución centralista de 1835, coñecida como as Sete Leis. Esta nova lexislación, promulgada polo presidente mexicano Antonio López de Santa Anna, deixaba sen efecto a antiga constitución federal de 1824. Pouco tempo despois, xurdiron pronunciamentos en diversas rexións do país. A guerra comezou no territorio texano o 2 de outubro de 1835 coa batalla de Gonzales. Axiña as forzas texanas tomaron as cidades de La Bahia (actual Goliad) e San Antonio Béjar (actual San Antonio), malia que serían derrotadas poucos meses despois.
Despois dalgunhas vitorias mexicanas, a guerra acabou de xeito inesperado na batalla de San Jacinto, a uns 300 quilómetros de San Antonio. Neste conflito, o xeneral Samuel Houston liderou os rebeldes texanos e voluntarios estadounidenses na vitoria sobre unha parte das tropas mexicanas, baixo o comandamente directo de Santa Ana, que ademais foi capturado. Despois do remate da guerra, formalizaríase a independencia da República de Texas. Posteriormente, en 1845, os Estados Unidos anexionaríanse este territorio, e as disputas entre os dous países conducirían en última instancia á intervención norteamericana en México, entre 1846 e 1848.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ No comezo do conflito existían discrepancias entre os texanos sobre o auténtico alcance da revolución. Mentres algúns crían que o obxectivo era o restablecemento da Constitución de 1824, outros pedían abertamente a independencia. Os conflitos resolvéronse cunha convención de delegados que promulgou a Declaración de independencia do 2 de marzo de 1836. Era o nacemento da República de Texas.
- ↑ Chamada Texas Revolution en inglés ou Revolución de Texas en castelán. Esta nomenclatura non se axustaría correctamente á definición do termeo en galego, xa que unha revolución implicaría unha "transformación profunda e rápida da estrutura social, económica e política dunha sociedade", que non se deu neste caso.