Guaicaipuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuaicaipuro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1530 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte1568 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeColonial Venezuela (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCacique , militar Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeUrquía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBarut Editar o valor em Wikidata

O cacique Guaicaipuro é un xefe indíxena lendario de Venezuela que liderou as tribos dos teques e dos caracas. Aínda que hoxe é coñecido como Guaicaipuro, en documentos históricos o seu nome foi escrito Guacaipuro.[1] Foi mencionado polo escritor José de Oviedo y Baños, e segundo a obra Historia de conquista y población de la provincia de Venezuela, este personaxe naceu nun asentamento indíxena na rexión de Los Teques, Venezuela, por volta do ano 1530, e morreu en 1568. A obra de Oviedo y Baños di que o personaxe foi un nativo que liderou varias tribos caribes, co título Guapotori, "Xefe de xefes", nunha loita polo control das minas de ouro de Los Teques.

Ao contrario doutros personaxes documentados como Guaicamacuto e outros "Guaica" (palabra que significa "Maior dos" ou "Xefe dos"), non existen documentos ou rexistros históricos que comproben ou dean indicios de que existise Guaicaipuro ou alguén con ese título. Guaicaipuro forma parte das figuras centrais do espiritismo venezolano, xunto con María Lionza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guaicaipuro foi un cacique e xefe guerreiro, de orixe taima. Foi criado polo cacique Catuche da tribo dos teques. Tiña dúas irmás chamadas Tiaora e Caycape. Ao morrer Catuche, Guaicaipuro pasou a liderar a tribo con 20 anos de idade. Casou con Urquía, e o seu lugar de residencia e cuartel situouno en Suruapo, preto de Paracotos. Tivo tres fillos, entre ellos Baruta, quen recibiu de mans da súa nai o penacho con plumas vermellas tras morrer en combate o seu pai.[2]

Guaicaipuro venceu a xefes militares españois, como o coronel Juan Rodríguez Suárez, o almirante Diego García de Paredes, o capitán Luis Narváez e Francisco Fajardo. Formou unha coalición de grande alcance con diversas agrupacións da rexión central do país, especialmente no val de Caracas, para facer fronte á conquista española do territorio da actual Venezuela. Alí adquiriu o título de "Xefe de xefes" ou "Guapotori" e dirixiu aos caciques Tiuna, Naiguatá, Guaicamacuto, Chacao, Terepaima, Catia, Aramaipuro, Paramaconi e ao seu propio fillo Baruta, entre outros. No presente, Guacaipuro é un dos caciques máis famosos de Venezuela, onde é un símbolo da resistencia indíxena.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malia ser coñecido hoxe como Guaicaipuro, nos documentos do tempo o seu nome foi escrito como «Guacaipuro II»
  2. La Torre Berbeci, Pedro Simón (1997). Caciques (en castelán). Caracas: M.A. 
  3. OVIEDO Y BAÑOS, JOSÉ DE. HISTORIA DE LA CONQUISTA Y POBLACIÓN DE LA PROVINCIA DE VENEZUELA (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]