Guéghal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os guéghal son unha das razas do popular xogo de rol As Crónicas de Gáidil. É unha das razas máis utilizadas e é parecida aos seres humanos. Os guégal son unha representación dos celtas que vivían en Galicia en torno á Idade de Bronce. Viven en castros celtas fortificados. Os castros máis grandes que son representación das cidades galegas: Lug, representación de Lugo; Urentes, representación de Ourense; Breogantia, representación de A Coruña; Atlantia, representación de Vigo; Libredón, representación de Santiago de Compostela; Artabria, representación de Ferrol e Ponte Cilenia, representación de Pontevedra.