Grupo musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grupo de música»)
The Beatles foi un grupo musical de rock con catro membros, orixinario de Liverpool, Inglaterra.

Un grupo musical ou unha banda musical é un pequeno conxunto musical que interpreta música rock, música pop ou un xénero relacionado. Os grupos de catro membros son a configuración máis común no rock e na música pop.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O uso da banda como "grupo de músicos" orixinouse a partir de 1660 para describir os músicos adscritos a un rexemento do exército e tocando instrumentos que se poden usar mentres marchan.[1] Esta palabra tamén se utilizou en 1931 para describir ao "home banda", ou ben unha persoa que toca el só varios instrumentos musicais á vez.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "band | Origin and meaning of band by Online Etymology Dictionary". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2021-02-05.