Grupo Poético Alalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Grupo Poético Alalá é unha agrupación literaria das Pontes de García Rodríguez. Foi fundado en 2003 e ten unha actividade continuada de creación, difusión e promoción da poesía.

Membros[editar | editar a fonte]

Foi fundado por Santiago del Moral, Aníbal Ánxel, Ofelia López, Gloria David e Gemma Bermúdez. En 2016 os seus integrantes son Gloria David, Aníbal Ánxel, Santiago del Moral, Ofelia López (membros fundadores) Montse Pardo, Silvia Pardo e Mari Carmen Freire. A escritora e bibliotecaria Anabel Alonso López colabora coa actividade do Grupo.[1][2]

Actividade[editar | editar a fonte]

O grupo reúnese semanalmente na Biblioteca Municipal e a súa actividade céntrase na organización de dous recitais poéticos anuais, un en outono e outro en primavera. Estes actos contan cunha grande afluencia de público e teñen sempre un poeta ou unha poeta convidada. Pasaron por este evento Suso Pensado, Helena Villar Janeiro, Silvia Pardo Galdo, Xosé Vázquez Pintor, Eduardo Estévez, Darío Xohán Cabana, Xulio López Valcárcel, Diana Varela Puñal, Daniel Salgado, Xosé Luís Sobriño, Isabel Fresco, Carlos Blanco, Medos Romero, Xosé Luis Sobrino ou Antón Fortes.

Os seus membros son convidados con frecuencia a participar noutros eventos culturais da comarca e manteñen encontros con alumnos dos centros de ensino da zona.[3][4]

Obra colectiva publicada[editar | editar a fonte]

  • Cinco sentidos (2005). Inclúe textos dos cinco membros fundadores do Grupo.
  • Dez anos de poesía nas Pontes (Galebook, 2013). Inclúe textos dos membros activos do grupo e de varios dos autores e autoras convidados aos recitais semestrais.

Obra individual dos seus membros[editar | editar a fonte]

  • Santiago del Moral: Instantes detidos (Biblos, 2013)
  • Ofelia López: Fume de cerna (Galebook, 2013)

Notas[editar | editar a fonte]