Grunerita
Grunerita | |
---|---|
Fórmula química | Fe7Si8O22(OH])2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Inosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Marrón cinsenta |
Brillo | De vítreo a sedoso |
Dureza | 5 - 6 (escala de Mohs) |
Raia | Incolora |
Densidade | 3,45 g/cm3 |
A grunerita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos. É un hidroxi-silicato de ferro —pode levar flúor como impureza—. É o extremo con ferro da serie de solución sólida na que o outro extremo con magnesio é a cummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2).
Foi chamado así na honra de L.E. Grüner (1809-1883), químico franco-suízo que foi o primeiro que analizou este mineral en 1853, xunto con todos os termos férricos da súa serie.
Variedades
[editar | editar a fonte]A amosita ou amianto marrón é unha variedade fibrosa da grunerita, máis importante que esta, pola súa aplicación industrial como asbesto ou amianto. O seo nome provén do acrónimo de "Asbestos Mines of South Africa", onde se descubriu. Na actualidade, o uso de asbestos marrón de amosita asbesto está restrinxido en moitos estados europeos porque o po das fibras pode producir enfermidades pulmonares por inhalación. Recoméndase a coleccionistas gardalo en caixa de plástico hermética. A montasita, outra variedade de grunerita pouco coñecida, tamén se usa como asbesto.
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]A grunerita é un mineral raro, pero característico de rochas metamórficas procedentes do metamorfismo rexional ou dinamotérmico de sedimentos silíceos ricos en ferro.
Localización, extracción e uso
[editar | editar a fonte]Hai importantes depósitos de grunerita en Australia, China e Estados Unidos. En España aparece en Madrid, Ojén (Málaga) e Vigo (Galiza). Á parte do interese para coleccionistas só se explota para asbestos, cunha importante mina de amosita no Departamento de Santa Cruz (Bolivia).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grunerita |
- Sitio sobre mineraloxía da Universidade a Distancia EspañolaArquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Datos sobre localización de grunerita (en inglés)
- Sitio web con datos de gruneria (en inglés)
- Galería de imaxes de grunerita en Internet: [1] [2], e de amosita: [3]