Gravata de lazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un lazo anoado
Caricatura de Castelao na Rúa Laranxo en Pontevedra

Unha gravata de lazo, ou unicamente lazo, ás veces gravata bolboreta[1], é un accesorio de moda tipicamente masculino alternativo á mais difundida gravata. Pode ser de diversos materiais, como seda, algodón, la, e até madeira, entre outros.

Orixe[editar | editar a fonte]

Durante a guerra dos 30 anos os croatas levaban un pano anoado ao pescozo. Gravata é unha derivación do francés cravata [2], palabra derivada do serbocroata Hrvat.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Esta peza de roupa é de uso moi esporádico. Úsase en fracs e traxes de gala maiormente, tamén en hostalaría e espectáculos diversos. Como peza exaxerada é común no vestiario dos pallasos. É parte do vestiario de James Bond. Era unha peza habitual levada por Castelao, quen adoita ser representado en debuxos e estatuas con ela, tamén por el mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kilts : Gravata Bolboreta en Tartan Gallaecia". tendagaliza.com. Consultado o 2022-01-27. 
  2. "CORBATA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-01-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]