Granxa de Briz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granxa de Briz
Vista do interior do parque.
Tipoparque
Data de fundación2011
EnMarín
PaísGalicia
42°23′21″N 8°42′22″O / 42.389205569489, -8.7060008357834
editar datos en Wikidata ]

A Granxa de Briz, tamén coñecida como Finca de Briz ou Parque dos Sentidos, é un gran parque situado no concello de Marín. Conta cunha zona de tobogáns e xogos integrados na natureza, unha pequena lagoa natural e outra artificial. Tamén dispón dun auditorio ao ar libre e unha superficie total de 23.690 m².

O terreo consta de tres edificacións. A primeira delas é unha casa que se coñece como "chalé principal", convertido hoxe en oficinas municipais nas que se realizan diversos obradoiros de emprego. A segunda edificación coñécese como "casa adega", que na actualidade alberga os servizos sociais do concello e na que se imparten cursos e charlas. A última construción, denominada como "casa dos caseiros" está rodeada por unha muralla cunha lagoa no seu interior e na que se poden atopar árbores froiteiras, especies autóctonas e vides.

Historia[editar | editar a fonte]

O parque ten orixe como Granxa da Costa dos monxes do mosteiro de Oseira, e trala súa desamortización mercouna Roberto Munaiz en 1838. A familia Munaiz levantou unha vivenda que se coñecería co denominación de Villa Paula, nome que compartían tanto a muller do propietario coma unha neta. En 1942, unha descendente, Ana Mª Saraiva Munaiz, casada con Marcelino Briz, decidiu edificar un chalé, que se converteu na súa residencia de verán e na que se realizaban bailes de sociedade, coa asistencia de destacadas personalidades da época: militares, políticos, empresarios, e amizades da familia.

En outubro do ano 1999 o terreo pasou a titularidade municipal ó ser adquirida polos irmáns Briz Saraiva por 150 millóns de pesetas. Dende aquela recibiu por parte do concello a denominación de Finca de Briz, perdéndose así o vencello que co apelido Munaiz mantivera ó longo de tantos anos. Despois de case once anos de rehabilitación dos edificios e de acondicionamento da contorna, o parque foi inaugurado o 26 de marzo de 2011.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]