Granxa O Cancelo
Coordenadas: 43°21′3″N 8°10′5″O / 43.35083, -8.16806
Granxa O Cancelo | |
---|---|
Punto de venda de leite en Betanzos. | |
Tipo | Cooperativa |
Fundación | Marzo de 1980 |
Localización | Bemantes, Miño (A Coruña) Galiza |
Industria | Gandeira |
Produtos | Leite Xeados |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Granxa O Cancelo, Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (CAP), é unha agrupación de cooperativas gandeiras da provincia da Coruña.
Historia[editar | editar a fonte]
A orixe da granxa está nas antigas UTECO, unións territoriais de cooperativas. A organización está formada por 70 explotacións gandeiras. Nas súas orixes adicada á prestación de servizos a explotacións para a súa mellora técnica e os seus rendementos. No ano 2009 xorde a oportunidade de poñer a traballar unha granxa abandonada en Miño: a Granxa O Cancelo.
Iníciase a produción leiteira e xa un ano despois acórdase dar valor engadido á produción vendendo o leite fresco. A cooperativa iniciou a venda directa con máquinas dispensadoras de leite. No 2011 iniciou a produción de xeados[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Corporación Laber-Microal (ed.). "Entrevista a Pura Ferreño, técnica de la Granxa O Cancelo." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2013.