Gramática descritiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas estándar de Noruega segundo concello.      Nynorsk     Bokmål

No estudo da linguaxe, a descrición, ou lingüística descritiva, é o traballo de analizar e describir obxectivamente como unha lingua é falada (ou como era falada antano) por un grupo de persoas ou unha comunidade. Todo o traballo de investigación no eido da lingüística é descritivo; coma noutras ciencias, o seu obxectivo é observar o mundo lingüístico tal e como é, polo miúdo e sen interferencias ou ideas preconcevidas de como debería ser. A lingüística descritiva moderna baséase nun achegamento estrutural á linguaxe, como se exemplifica no traballo de Leonard Bloomfield entre outros. O descritivismo é a a corrente que cre que a descrición é máis significante ou importante para o estudo, a práctica e a ensinanza cá prescrición. A descrición lingüística adoita estar contrarrestada pola prescrición lingüística, a cal atópase principalmente no eido educativo e editorial. A prescrición busca definir as formas da lingua estándar e dar consello no emprego efectivo da lingua.

Finalidades[editar | editar a fonte]

Unha descrición língüística considérase axeitadamente descritiva cando cumpre unha ou máis das seguintes finalidades:

  1. Describe a fonoloxía da lingua en cuestión.
  2. Describe a morfoloxía das palabras pertencentes á lingua estudada.
  3. Describe a sintaxe das oracións axeitadamente formadas da lingua.
  4. Describe as derivacións lexicais.
  5. Realiza unha escolma do vocabulario, incluíndo polo menos mil entradas.
  6. Realiza unha reprodución duns cantos textos auténticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]