Grampadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Grampadora moderna de oficina.

Unha grampadora[1] é un instrumento mecánico que serve para xuntar follas de papel, ou dun material semellante, furando as follas cunha delgada grampa de metal e unindo os extremos. As grampadoras son empregadas de xeito habitual en despachos, oficinas, fogares e escolas.[2]

A verba "grampadora" pode referirse a diferentes intrumentos con diversos usos. Ademais de manter xuntas as follas de papel, as grampadoras poden empregarse en cirurxía para unir tecidos e para pechar feridas.

A maioría das grampadoras úsanse para xuntas varias follas de papel. Estas poden ser de dous tipos: manuais e eléctricas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grampadora.
  2. Eric Limer. Gawker Media, ed. "Is Fashion-Conscious Design the Future of the Stapler?". 
  3. "X-ACTO Electric Stapler – Desktop Staplers – Electric Staplers:". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]