Goyo Revenga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político |
Gregorio Revenga Portela, máis coñecido como Goyo Revenga, nado en Pontevedra en 1961, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomouse en óptica pola Universidade Complutense de Madrid en 1982. Estableceu a súa propia óptica en 1984 na súa localidade natal e dende 1987 colabora tamén co servizo de rehabilitación da ONCE. Militante de Ciudadanos, foi candidato ao Senado nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016. Dende 2017 é coordinador local e provincial do seu partido en Pontevedra. Nas eleccións locais de 2019 foi o candidato á alcaldía de Pontevedra, sendo finalmente concelleiro.[1] Nas eleccións xerais de abril de 2019 e eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Senado. O 7 de febreiro de 2020 o seu partido suspendeuno de militancia por apoiar os orzamentos do goberno local[2] e o 20 de xullo expulsouno definitivamente da formación, así e todo Revenga permaneceu como concelleiro non adscrito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cidadáns confirma a Goyo Revenga como candidato por Pontevedra". Pontevedra Viva, 22 de abril de 2019
- ↑ Natalia Puga (7 de febreiro de 2020). "Cidadáns suspende de militancia a Goyo Revenga por apoiar os orzamentos de BNG e PSOE". Pontevedra Viva.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goyo Revenga |