Goosebumps (filme)
| Goosebumps | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Danny Elfman | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||
Goosebumps é un filme estadounidense de 2015 escrito por Darren Lemke e dirixido por Rob Letterman. Baséase na serie de libros de terror infantil escritos por R. L. Stine, e conta a historia dun adolescente que tenta salvar a súa vila coa axuda de Stine logo de que tódolos monstros da franquía Goosebumps escaparan dos libros. Está protagonizado por Jack Black, Dylan Minnette, Odeya Rush, Amy Ryan, Ryan Lee e Jillian Bell.
O desenvolvemento dun filme de Goosebumps comezou en 1998, con Tim Burton como director. Logo de non conseguir determinar cal libro debía ser adaptado, o proxecto foi detido. A comezos de 2008, Columbia Pictures adquiriu os dereitos co obxectivo de crear un filme baseado en Goosebumps, e o proxecto entrou de novo en fase de desenvolvemento. A fotografía principal estendeuse dende abril até xullo de 2014 en Candler Park, Atlanta.
Goosebumps estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015, por Columbia Pictures. O filme foi un éxito comercial e da crítica, que eloxiou o humor, o uso dos personaxes orixinais de Goosebumps así como as interpretacións (particularmente as de Black e Minnette)[1] e conseguiu recadar máis de 158 millósn de dólares sobre un orzamento de 84 millóns.[2] Unha secuela, titulada Goosebumps 2: Haunted Halloween, estreouse o 12 de outubro de 2018.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Black como R. L. Stine
- Black tamén fai as voces de Slappy the Dummy
- R. L. Stine fai un cameo como Mr. Black
- Dylan Minnette como Zachary "Zach" Cooper
- Odeya Rush como Hannah Stine
- Amy Ryan como Gale Cooper
- Ryan Lee como Champ
- Jillian Bell como Lorraine Conyers
- Halston Sage como Taylor
- Ken Marino como adestrador Carr
- Timothy Simons como Oficial Stevens
- Amanda Lund como Oficial Brooks
- Steven Krueger como Davidson
- Karan Soni como Mr. Rooney
- Kumail Nanjiani como Foreman
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berkshire, Geoff (5 de outubro de 2015). Variety, ed. "Film Review: 'Goosebumps'". Consultado o 14 de outubro de 2015.
- ↑ Pamela McClintock (13 de outubro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Box-Office Preview: 'Goosebumps' Could Out-Spook 'Crimson Peak,' 'Bridge of Spies'". (Prometheus Global Media). Consultado o 14 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goosebumps |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goosebumps na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)